Categoría: | Medio ambiente e Desenvolvemento Sostible |
Ámbito: | Transfronteirizo |
Localización: | Cataluña |
Entidad promotora: | Asociación de defensa forestal Mig Pallars |
Fecha inicial: | 21/09/1998 |
Fecha final: | 21/09/2001 |
Sector: | Poboación residente en zonas rurais. |
Objetivos: | Valorización do patrimonio forestal en zonas rurais deprimidas. Promover unha explotación forestal sostible. Compatibilizar o uso madereiro do bosque co turÃstico. |
Resumen: | O territorio da ADF Mig Pallars conta con 40 núcleos de poboación e un censo de 1.383 habitantes (2,5 hab/km2). Trátase dunha comarca deprimida cun gran patrimonio forestal que se está tratando de pór en valor para garantir o benestar da poboación local, asà como a conservación dos recursos naturais que teñen un gran valor patrimonial, paisaxÃstico, ecolóxico, didáctico, turÃstico e cientÃfico. O obxectivo principal do proxecto foi o de promover o uso plurifuncional do bosque e facer posible a conservación de todo un conxunto de valores naturais e sociais dos montes do Mig Pallars, a través da súa rendibilidade económica. Para iso realizáronse as seguintes tarefas: - Creación dunha fundación para canalizar e coordinar as accións de esponsorización de bosques primarios e de apadriñamento de árbores monumentais e a súa compensación posterior ás entidades propietarias. - Creación dunha rede de reservas forestais municipais, que afectarán a cuarta parte de bosques pouco intervidos do territorio da ADF Mig Pallars, en total 100 ha. - Creación de circuitos forestais de demostración que queren valerse do atractivo de elementos como árbol monumental e bosque virxen, da presenza anterior ou actual de fauna emblemática, ou de prácticas antigas que aÃnda hoxe se conservan, como o arado de madeira con tracción animal. - Implicación da administración forestal. |
Financiación: | Aportación LIFE 372.079,06 � Aportación da entidade 582.745,65 |
Resultados: | Co presente proxecto demóstrase como o atractivo e interés social dos bosques pouco perturbados, e en xeral cun patrimonio forestal singular, pode ser empregado como elemento de implicación mutua entre a xestión forestal e os diferrentes sectores da sociedade, e como esta participación dos diferentes sectores permite que a xestión forestal sostible, e en particular a conservación destes bosques pouco alterados, poida ser económica e socialmente viable. |