Categoría: | Medio ambiente e Desenvolvemento Sostible |
Ámbito: | Local |
Localización: | Canarias |
Entidade promotora: | Cabildo insular de Gran Canarias |
Data inicial: | 01/11/1997 |
Data final: | 01/11/2000 |
Sector: | Poboación agraria. |
Obxectivos: | Demostrar a escala de planta piloto a eficacia e rendibilidade dun novo sistema agroindustrial ecolóxico sustentado na reutilización e biofiltración do CO2 de gases de combustión e de aguas residuais urbanas, co obxectivo final de asesorar e potenciar o establecemento de empresas de cultivo de algas asociadas á reutilización de residuos contaminantes. |
Resumo: | O proxecto consiste na creación dunha planta piloto de demostración do funcionamento, productividade e rendibilidade dun novo sector agro-industrial que non xenera residuos, consistente no cultivo de algas asociado ao aproveitamento e biofiltración de augas residuais, procedentes do tratamento secundario das estacións depuradoras (EDAR), e do rexeitamento das plantas desaladoras e de piscifactorias, e o dióxido de carbono (CO2), procedente da combustión de propano. A planta piloto instalada consiste esencialmente en: - Sistema de cultivo: o cultivo das microalgas, seleccionadas pola súa capacidade biofiltrante, escálase en concidicións controladas dende o laboratorio ós sistemas de cultivo intensivo tipo raceway. - Sistema de carbonatación: coa finalidade de demostrar o funcionamento do sistema de cultivo/biofiltración con combustibles fósiles moi diversos, xenéranse gases de combustión a partir de queimadores de gas propano-metano e fuel-oil. A inxección dos gases efectúase de maneira automatizada, por difusión de gases na auga. - Sistema básico de control do cultivo e procesado de biomasa. - Produto final: o polvo de algas obtido protéxese inmediatamente da oxidación, empaquetándose ao vacÃo en atmósfera inerte, para posteriormente empregarse na fabricación de pensos ou extacción de productos naturais. - Módulo de divulgación para visitantes, organización de conferencias, congresos e reunións, exposición permanente. |
Financiamento: | Fondos LIFE MEDIO AMBIENTE: 453.986,51. Fondos entidade promotora: 690.832,57. |
Resultados: | Xeración dun novo sistema agro-industrial para Canarias, que non xenera resÃduos, non compite por mercados nin consume recursos escasos (solo agrÃcola, enerxÃa, auga, fertilizantes, etc.). Utilizar o gas metano xerado polas EDAR como fonte de enerxÃa e como fonte de CO2 que se inxecta nas algas. A biomasa xerada comercialÃzase como suplemento de penso para o gando e para a extración de ácidos grasos poliinsaturados. |