Categoría: | Turismo |
Ámbito: | Comarcal |
Localización: | Galicia |
Entidade promotora: | Euroeume |
Data inicial: | 01/01/1998 |
Data final: | - |
Sector: | O Plan de desenvolvemento TurÃstico (PDT) inclúe actuacións dirixidas os diferentes actores económicos e institucionais dos concellos que integran Euroeume asà como á poboación en xeral. |
Obxectivos: | O PDT inclúe 9 estratexias: Interpretación territorial e posta en valor dos recursos; Creación de nova oferta turÃstica; Mellora da competitividade da oferta actual; Mellora do destino turÃstico; Mellora da calidade; Sensibilidade e dinamización da poboación total; Formación e reciclaxe; creación de produtos; promoción e comercialización. |
Resumo: | A intención é desenvolver e promocionar unha oferta combinada de turismo rural e turismo industrial, na que o turismo industrial preséntase como unha actividade complementaria para o descubrimento e goce do territorio (unha das queixas principais dos consumidores do turismo rural en Galicia é a escaseza de oferta de actividades complementarias organizadas). A oferta de turismo rural proporcionará os servizos básicos de aloxamento en casas rurales e albergues, restauración (a través da rede de Cantinas do Eume que se está creando e doutros restaurantes da zona) e das rutas temáticas relacionadas co patrimonio artÃstico e a natureza. A combinación de ambos tipos de turismo busca reforzar e diversificar a oferta, promocionando o territorio na súa globalidade, para lograr o que é fundamental en calquera estratexia turÃstica: prolongar a duración da estancia dos visitantes cunha ampla porcentaxe de pernoctacións na zona. |
Financiamento: | O financiamento correu a cargo do LEADER +. |
Resultados: | Leváronse a cabo actividades relacionadas co turismo rural, a creación da imaxe turÃstica de Euroeume, etc. Pero non se levaron a cabo as inciativas relacionadas co turismo industrial, segundo nos informaron en Euroeume e en Eumeturismo. Agora as diferentes iniciativas levadas programadas no eido do turimo industrial están sendo asumidas individualmente polos concellos, como o das Pontes, que está a pór en marcha a Casa da EnerxÃa ou o concello de A Capela co Museo da Auga. |