Categoría: | Medio ambiente e Desenvolvemento Sostible |
Ámbito: | Autonómico |
Localización: | Galicia |
Entidade promotora: | Agroamb S.L. |
Data inicial: | 01/01/2000 |
Data final: | - |
Sector: | Administracións públicas e empresas privadas. |
Obxectivos: | A reutilización das materias, residuos nuns procesos produtivos, para convertelas en iniciadoras doutros procesos ben diferentes. |
Resumo: | Xestión e valorización agraria de biorresiduos. Recollida de residuos procedentes de depuradoras, tanto de núcleos urbanos coma de industrias agroalimentarias, para o seu tratamento e valorización agrarios. |
Financiamento: | Trátase dunha empresa privada e polo tanto financiase coas ventas dos produtos obtidos. |
Resultados: | Estes servizos teñen cada vez máis demanda debido aos cambios na normativa ambiental e ao incremento dos residuos procedentes de diversos sectores. A utilización de cales adecuados e de cinzas (procedentes da transformación da madeira), nunhas mesturas minuciosamente calculadas e cun proceso térmico prolongado, permiten obter un produto adaptado ás necesidades de cada parcela agrÃcola. Deste xeito se garante a consecución de resultados innovadores e notables no desenvolvemento da comunidade autonoma nesta materia. |