Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Traballando pola comunidade
Banco de Ideas
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.
Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado
Plantas curativas ao pé do camiño de Santiago
Categoría: |
Emprego e servizo á empresa |
Ámbito: |
Local |
Localización: |
Galicia |
Entidade promotora: |
Milhulloa S.C.G. |
Data inicial: |
01/05/2001 |
Data final: |
- |
Sector: |
Público en xeral. |
Obxectivos: |
Conseguir alternativas de emprego para a xuventude no medio rural. |
Resumo: |
Cultivo de plantas mediciñais para venda nos mercados locais. A idea xurdiu, en realidade, por obrigación: primeiro porque eran tres titulados universitarios en paro, e segundo, porque se apuntaron a un curso para muller emprendedora (elas dúas, Chusa e Carmela) onde tiñan que presentar un pequeno anteproxecto de empresa, no que XaquÃn tamén colaborou. Loxicamente, houbo que pensar en algo; a ver..., ¿que poderÃan facer unha titulada en BioloxÃa, outra en Farmacia e un en Ciencias Empresariais, que non teñen un gran capital, pero que poden dispor dalgunhas terras?. Dándolle voltas ao asunto, deron co temadas plantas mediciñais, e logo viron que non era tan mala idea. |
Financiamento: |
A través dos promotores e dalgunha subvención. |
Resultados: |
Ao principio contaban con vender a produción ás grandes distribuidoras, pero estas pedÃanlles unha elevada cantidade, inabordable para eles tres. Pero isto, en vez de prexudicalos, favoreceunos, xa que tiveron que adiantar a idea que tiñan para o futuro de comercializar eles as plantas, despois dunha certa elaboración. Dende entón non paran de buscar ideas, investigar e elaborar produtos novos. Comezaron a preparar saquiños de infusións, e, despois seguÃronlle diversos produtos de cosmética e saúde para a pel. Os peregrinos do Camiño Francés a Santiago, que pasa ao pé da casa, son un punto clave do negocio en Milhulloa. |
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail:
info@maiv.org | Web:
www.maiv.org