Categoría: | Pesca e Agricultura |
Ámbito: | Local |
Localización: | Galicia |
Entidad promotora: | Concello de Sober |
Fecha inicial: | 01/12/2005 |
Fecha final: | - |
Sector: | Agricultores. |
Objetivos: | Dinamizar a explotación de zonas agrÃcolas en situación de abandono. |
Resumen: | Procederase a adxudicación de catro hectáreas de terreo que conseguiu reunir o concello na parroquia de Proendos, nunha primeira fase do proxecto. Esta superficie será arrendada para a súa explotación, dentro dun único lote, por algún dos cinco agricultores que se presentaron ao correspondente concurso municipal. As condicións da zona elexida para iniciar o banco de terras son óptimas para o cultivo de cereais ou forraxe. O periodo de arrendamento das fincas será ao menos de seis anos. Unha vez finalizado o primeiro contrato, existe a opción de firmar prórrogas de tres anos, sen lÃmite temporal, non obstante, os propietarios dos terreos poderán exercer sobre eles o dereito de recuperación ao térmo de cada prórroga. Polo que respecta aos prezos que se pagarán aos propietaros das parcelas, foron fixados en función das caracterÃsticas de cada terreo. Nas fincas cultivadas, con prado e en terreos limpos, o canon anual é de 125 euros por hectárea. A cuota baixa a 100 euros anuais nas fincas con predominio de herba e algunha maleza leñosa ( xesta , toxo). Se predomina ésta, a taxa é de 75 euros ao ano. |
Financiación: | Concello de Sober. |
Resultados: | Terras que levaban decenas de anos a monte, comezaron a ser aradas na Parroquia de Proendos, como parte do proxecto experimental de banco de terras que puxo en marcha o Concello de Sober. Neste banco de terras quedaron agrupadas perto de corenta fincas que suman en total unha superficie que ronda as cinco hectáreas e media de terreo. Cinco persoas amosáronse interesadas en alugar esta superficie. Finalmente adxudicóuselle a dous veciños da parroquia de Proendos que formaron para iso unha sociedade e que son titulares dunha explotación gandeira. A actividade agraria é a sua actividade principal que era tamén o requisito que se pedia no concurso convocado para alugar estas terras. O concello de Sober prepara outro banco de terras na parroquia de Neiras. |