Categoría: | Desenvolvemento Territorial |
Ámbito: | Comarcal |
Localización: | Galicia |
Entidade promotora: | Mancomunidade do Salnés |
Data inicial: | 01/07/2000 |
Data final: | - |
Sector: | Poboación local. |
Obxectivos: | A elaboración da Axenda 21 por un Concello implica os seguintes principios, como obxectivos básicos: - Conservar a calidade do aire, auga e solo de maneira que permitan soster no tempo a vida humana e o seu benestar á vez que a vida de animais e vexetais. - Minimizar as emisións de contaminantes ao aire, auga e solo de maneira que non se exceda a capacidade natural de estes para absorbelos e procesalos. - Manter e fortalecer a diversidade biolóxica (nº de especies e abundancia de especies animais e vexetais). - DiminuÃr o ritmo de consumo dos recursos non renovables e situar, no seu caso, o consumo dos recursos renovables nun nivel que permita, precisamente, a súa renovación. - Mellorar as condicións do entorno urbano e garantir ás funcións sociais e económicas dos núcleos de poboación. - Promover a igualdade e a xustiza social. |
Resumo: | É o nome que se lle deu a un "Programa global para o desenvolvemento sostible no século XXI" xurdido da "Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e o Desenvolvemento sostible" celebrada en RÃo de Janeiro en 1992. A Axenda Local 21 é un proceso a implantar e desenvolver polas Entidades Locais que se basea na integración das polÃticas ambientais, económicas e sociais do concello a través da elaboración e aplicación dun Plan Estrutural ou Plan de Acción Local. A Axenda Local 21 persegue a transición cara a SOSTIBILIDADE LOCAL o cara o DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE. Isto é, a mellora da calidade de vida dos cidadáns e cidadás dun concello de tal modo que se integre: - A supervivencia e o respecto polo entorno (SOSTIBILIDADE AMBIENTAL). - A necesidade de equidade ou xustiza social (SOSTIBILIDADE SOCIAL). - O equilibrio económico (SOSTIBILIDADE ECONÓMICA). Tódolos axentes implicados, grupos de interese e colectivos cidadáns deben participar na: - Adopción dos criterios de sostibilidade. - Definición das ESTRATEXIAS e ACCIÓNS a desenvolver no concello que sexan tendentes á sostibilidade local. Unha Axenda 21 dun concello é un documento que recolle de forma ordenada ideas e medidas para alcanzar un desenvolvemento sostible no concello no século XXI. É un sistema no que as autoridades locais traballan na asociación con tódolos sectores da comunidade local para prepara-los plans de acción para aplicar a sostibilidade a escala local. É un proceso aberto e participativo. Calquera Axenda 21 deberá ter en conta entre outros os seguintes principios: - Participación de tódolos sectores sociais: organizacións cidadás, de traballadores, de comerciantes, educativas e grupos de interese, que elaboren un documento consensuado, xunto co goberno local. - Aplicación transversal dos Programas: A acción medioambiental ten que repercutir en tódolos ámbitos do concello: escolas, empresas, fogares, a responsabilidade é de todos. - Accións a longo prazo: os problemas medioambientais máis importantes teñen solucións moi lentas, por iso débese pensar en actuacións que teñan os seus froitos nas próximas xeracións aÃnda que tamén en accións con resultados inmediatos. - Avaliación constante: Os programas deben revisarse anualmente, e si fose necesario, modificarse. A Mancomunidade do Salnés, integrada polos Concellos de A Illa de Arousa, Cambados, Meaño, Meis, O Grove, Ribadumia, Sanxenxo, VilagarcÃa de Arousa e Vilanova de Arousa, súmase a este proceso de desenvolvemento sostible coa elaboración dunha Axenda 21 Local, na que se definirán un conxunto de prioridades e criterios de actuación que permitan enfocar o modelo de desenvolvemento municipal cara a pautas de máximo respecto ó medio e de máxima mellora de calidade de vida dos seus cidadáns. Desta forma, trasládase aos principais axentes da Mancomunidade e a un grande número de cidadáns a responsabilidade e o compromiso de ditar e asumir os principios de desenvolvemento sostible no mesmo, asà como o deber de mantelos no tempo e facer o posible por levalos á práctica. |
Financiamento: | O financiamento corre a cargo da Mancomunidade do Salnés, da Fundación Comarcal do Salnés e da ConsellerÃa de Medio ambiente. |
Resultados: | - Elaboración dunha páxina web. - Realización dunha auditoria ambiental da comarca do Salnés. - Elaboración dun plan de participación cidadá. - Elaboración dun plan de acción. - Deseño dun plan de seguemento. |