Categoría: | Desenvolvemento Territorial |
Ámbito: | Estatal |
Localización: | - |
Entidade promotora: | Marca de Calidad Territorial |
Data inicial: | 01/01/2005 |
Data final: | - |
Sector: | Adminstración local, microempresas e Pemes de diferentes sectores (Turismo, agroalimentaión, artesanÃa, minarÃa, textil confección, pemes e pequena industrias de servizos). |
Obxectivos: | Obxectivo xeral: - Deseñar unha estratexia de desenvolvemento rural cumprindo parámetros que afectan á calidade económica, ambiental e social, é decir, á sostenibilidade do territorio, para facelos mais competitivos, estabilizar poboación e mellorar o nivel de renda e emprego da mesma. Para conseguir o obxectivo xeral cada Marca de Calidade Territorial debe: - Dispoñer dos pregos de condicións que contemplen os parámetros de calidade resultantes da aplicación da calidade económica, social e medio ambiental. - Definir unha estratexia en canto a calidade de producción ou servizo. - Favorecer a organización das redes de distribución e comercialización dos produtos e servizos. - Dispoñer dun dispositivo de Xestión e control da marca. |
Resumo: | A Marca de Calidade territorial é un proxecto integrador aberto a todos os territorios e aos seus habitantes. É unha proposta para todos os sectores, para o desenvolvemento público e privado. A Marca de Calidade Territorial é a imaxen común de comarcas rurais auténticas que traballan nun proceso de desenvolvemento contando coa participación das institucións públicas, empresas privadas e todos os colectivos sociais, que ofrecen calidade nos seus produtos e servizos, cos principios e valores do respecto mediambiental, a calidade social no seu proceso de producción, con empresas e entidades comprometidas co territorio, sendo solidarias, cooperando entre elas e traballando pola identidade. É a imaxe común de comarcas con calidade rural que traballan en cooperación para conserguir un verdadeiro desenvolvemento rural sotible, equilibrado e integrador dos territorios. A marca de calidade aplÃcase a unha ampla gama de productos do sector agroalimentario (repostarÃa, chacinarÃa, conservas, medeira, hortalizas, etc.); Servizos (hoteis, casas rurais, campings, guÃas, restaurantes, etc.); Patrimonio (aldeas, cascos históricos, museos, igresas, castelos, rÃos, fontes, muiños, etc.). Son elementos claves para acadar a Marca de Calidade Territorial: - A elaboración e posta en marcha dun concepto de identidade aglutinador. - A revalorización dos elementos desa identidade. - Sensibilización dos habitantes e dos axentes económicos e institucionais, aos que se lle convida a facer súa esa estratexia. - Organización e explotación do concepto, que responde a un auténtico plan de producto. - Comunicación e organización dun novo espazo de desenvolvemento arredor desa identidade. |
Financiamento: | Leader Plus. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Junta de Andalucia. Junta de Castilla e León. Gobierno del Principado de Asturias. Generalitat de Catalunya. Xunta de Galicia. Generalitat Valenciana. |
Resultados: | - Apoio da Iniciativa Leader Plus para o desenvolvemento desta estratexia innovadora. - O Mapa e as consellerÃas de agricultura de 7 comunidades autónomas apoian a iniciativa. - Integración de 9 comarcas na posta en marcha da marca de calidade. - Realización de seminarios sobre establecemento de indicadores no sector turÃstico, artesanal. - Establecemento de contactos para a estratexia trasnacional. |