Categoría: | Desenvolvemento Territorial |
Ámbito: | Comarcal |
Localización: | Asturias |
Entidad promotora: | CEDER Valle del Ese-Entrecabos |
Fecha inicial: | - |
Fecha final: | - |
Sector: | Mulleres do ámbito rural. |
Objetivos: | Mellorar a transmisión da información, a través de interlocutoras cercanas, para que esta chegue en tempo a todas as persoas interesadas. |
Resumen: | Este programa forma parte do Plan Comarcal de Participación Social Arraiga. Pola orixinalidade e funcións deste Programa, é interesante describir en maior profundidade este programa. Como as outras accións incluidas no plan Arraig@, Vistoras está dirixido á aumentar a participación en todos os ámbitos da vida social, cultural, laboral, asociativa, promocionando a cultura rural , o ocio, etc. A través deste programa creouse unha rede de mulleres "Vistoras", habitantes de zonas rurais encargadas de cumprir as seguintes funcións: - Transmitir a información relevante ás persoas do seu entorno. - Transmitir as dificultades, desexos, necesidades das persoas do seu entorno. - Futuro: participar no órgano municipal de representación da muller (Consello Municipal da Muller). O tipo de información que están encargadas de transmitir é referida a: novas do concello (ADL, Servicios sociais, telecentro, centro asesor da muller, organismos de igualdade, etc.); ConsellerÃas; Oficinas de emprego; CEDER do Val Ese-Entrecabos, Axencia de Mediación; Outros. A información transmÃtese a través de diferentes medios (reunións vÃa telefónica, bandos, carteis, correo postal, correo electrónico, etc.). Para informacións puntuais (cursos, axudas especÃficas), a vistora dirixirase especÃficamente a aquelas persoas que poidan estar interesadas. A axencia de mediación será a encargada de recoller información, elaborala e transmitila ás vistoras, para que estas, a súa vez, a difundan. |
Financiación: | |
Resultados: | - Creación dunha rede informal de mulleres dinamizadoras do medio rural, formada por 117 mulleres en distintos puntos dos cinco concellos. - Ampliación e fortalecemento da rede vistoras do Valle Ese-Entrecabos acadando as 123 participacipantes. - Creación de duas novas asociacións de mulleres. - No eido da investigación, realizouse unha indagación sobre as necesidades formativas das mulleres da comarca a través da rede Vistoras para a organización e petición de cursos para o ano 2005. Transferencia dos resultados a cada concello para o deseño de accións formativas. |