Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Programa Vistoras

Categoría: Desenvolvemento Territorial
Ámbito: Comarcal
Localización: Asturias
Entidade promotora: CEDER Valle del Ese-Entrecabos
Data inicial: -
Data final: -
Sector: Mulleres do ámbito rural.
Obxectivos: Mellorar a transmisión da información, a través de interlocutoras cercanas, para que esta chegue en tempo a todas as persoas interesadas.
Resumo: Este programa forma parte do Plan Comarcal de Participación Social Arraiga.
Pola orixinalidade e funcións deste Programa, é interesante describir en maior profundidade este programa.
Como as outras accións incluidas no plan Arraig@, Vistoras está dirixido á aumentar a participación en todos os ámbitos da vida social, cultural, laboral, asociativa, promocionando a cultura rural , o ocio, etc.
A través deste programa creouse unha rede de mulleres "Vistoras", habitantes de zonas rurais encargadas de cumprir as seguintes funcións:
- Transmitir a información relevante ás persoas do seu entorno.
- Transmitir as dificultades, desexos, necesidades das persoas do seu entorno.
- Futuro: participar no órgano municipal de representación da muller (Consello Municipal da Muller).

O tipo de información que están encargadas de transmitir é referida a: novas do concello (ADL, Servicios sociais, telecentro, centro asesor da muller, organismos de igualdade, etc.); Consellerías; Oficinas de emprego; CEDER do Val Ese-Entrecabos, Axencia de Mediación; Outros.
A información transmítese a través de diferentes medios (reunións vía telefónica, bandos, carteis, correo postal, correo electrónico, etc.). Para informacións puntuais (cursos, axudas específicas), a vistora dirixirase específicamente a aquelas persoas que poidan estar interesadas. A axencia de mediación será a encargada de recoller información, elaborala e transmitila ás vistoras, para que estas, a súa vez, a difundan.
Financiamento:
Resultados: - Creación dunha rede informal de mulleres dinamizadoras do medio rural, formada por 117 mulleres en distintos puntos dos cinco concellos.
- Ampliación e fortalecemento da rede vistoras do Valle Ese-Entrecabos acadando as 123 participacipantes.
- Creación de duas novas asociacións de mulleres.
- No eido da investigación, realizouse unha indagación sobre as necesidades formativas das mulleres da comarca a través da rede Vistoras para a organización e petición de cursos para o ano 2005. Transferencia dos resultados a cada concello para o deseño de accións formativas.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org