Categoría: | Emprego e servizo á empresa |
Ámbito: | Local |
Localización: | Galicia |
Entidad promotora: | Concello de Santiago de Compostela |
Fecha inicial: | 01/01/2007 |
Fecha final: | - |
Sector: | Persoas demandantes de emprego, emprendedores e empresas. |
Objetivos: | Espazo pensado para a prestación de servizos de asesoramento e asistencia técnica para demandantes de emprego, emprendedores e a pequena e mediana empresa. |
Resumen: | O Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa construirase preto do Estadio de San Lázaro e será un punto de encontro para emprendedores, empresas xa creadas, entidades sen ánimo de lucro e demandantes de emprego. O futuro Centro terá arredor de 1.500 metros cadrados e contará cun investimento de 1.160.000 euros. O CERSIA estrutúrase en torno a tres ámbitos de actuación: -Asesoramento técnico, formación e apoio económico serán os eixos centrais deste ámbito de actuación. -A área empresarial e de promoción económica da zona contará cun servizo de asesoramento a empresas xa establecidas que queiran ampliar a súa actividade vÃa desenvolvemento de novos produtos e servizos ou ben vÃa a explotación dos seus produtos en novos mercados. -A área de emprego contará con programas de inserción laboral e terá unha aula informática para a realización de actividades de formación especÃfica. O Centro quere converterse en punto de referencia para a busca de emprego titorizada e máis para o desenvolvemento de programas de capacitación e actualización para os traballadores e empresas da cidade. Esta área tamén acollerá o Observatorio Local do Emprego. |
Financiación: | As entidades que participan no financiamento son: - ConsellerÃa de Traballo, a través do programa de EO/OE - Deputación da Coruña. - Concello de Santiago de Compostela. |
Resultados: | As instalacións están en construción e non comezará a funcionar ata principios do 2007. O observatorio de emprego xa empezou a funcionar e a sacar estudos sobre o mercado de traballo. |