Categoría: | Servicios Sociosanitarios |
Ámbito: | Local |
Localización: | Cataluña |
Entidade promotora: | Asociación Salud y Familia |
Data inicial: | 01/02/1998 |
Data final: | - |
Sector: | Poboación en xeral. |
Obxectivos: | Promover os intercambios entre as persoas da comunidade veciñal, fomentando os valores de cooperación e comunicación e activando a rede de solidariedade da propia comunidade, asà como a participación social. Xerando actitudes positivas entre as persoas, aprendendo a dar e recibir; incidir nos mecanismos que fan da organización social do tempo e das diferenzas no seu uso un elemento de desigualdade de xénero; fomentar a integración da diversidade cultural e social no ámbito comunitario e promover a axuda mutua e o intercambio de experiencias. |
Resumo: | O Banco do Tempo é unha iniciativa cuxo obxectivo é fomentar dun xeito comunitario os servizos de cooperación e solidariedade entre as persoas co propósito de mellorar a calidade de vida das mesmas. Asà mesmo, o Banco do Tempo promove a modificación de actitudes para revalorizar o traballo do ámbito familiar e distribuÃlo dun xeito máis equitativo entre os homes e as mulleres. Por outra banda, esta iniciativa quere romper o illamento, a soidade da vida urbana, e crear un novo espazo capaz de compartir, de achegar ás persoas e intentar desenvolver na práctica os valores de anticonsumismo, de cooperación e de solidariedade. As persoas inscritas no Banco do Tempo intercambian servizos e actividades, e a unidade de intercambio e de valor é sempre a mesma para todos: o tempo. Os logros desta iniciativa consisten en que se dá maior visibilidade e valoración ás tarefas do ámbito persoal, o cal permite un cambio de actitudes e conciencia do reparto e organización do traballo doméstico, asà como o fomento da cooperación entre os membros dunha mesma comunidade. Asà mesmo, o Banco do Tempo desprende toda unha serie de valores colaterales de gran importancia e valor: intercambios interxeneracionais, mellora da calidade de vida, valores de dar e recibir, compartir, autoestima, maior relación interpersonal, integración social, altruismo e solidariedade. |
Financiamento: | Correu a cargo de dúas institucións: ajuntament de Barcelona e o Instituto de la Mujer. |
Resultados: | - Xera unha maior participación veciñal nos intercambios que a súa vez xera unha maior diversidade de servizos a intercambiar. - Constitúe un instrumento para a conciliación da vida familiar e laboral, dado que permite unha descarga do tempo, sobre todo para as mulleres. - Permite a consolidación dos bancos do tempo como ferramentas para conseguir actitudes positivas nas persoas e como marco de fomento dos intercambios. - Mellora calidade de vida das persoas, cambios de actitude da cidadanÃa e promoción da igualdade de oportunidades quedan claramente reflectidos nesta iniciativa, promocionada grazas a coordinación e colaboración conxunta de diferentes organizacións e institucións locais. |