Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicaciones de la UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Noviembre 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desarrollo Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proyectos o acciones de desarrollo local puestos en marcha en diferentes zonas geográficas que constituyen ejemplos de buenas prácticas e que puedan resultar de interés para aquellas entidades que quieran diseñar y poner en marcha sus propios proyectos.
Escoge una o varias opciones:

Volver al listado

Centro de Innovación e Transformación agraria da Limia

Categoría: Desenvolvemento Territorial
Ámbito: Comarcal
Localización: Galicia
Entidad promotora: Concello de Vilar de Santos
Fecha inicial: 01/01/2006
Fecha final: -
Sector: A poboación rural, pero especialmente ás mulleres e á xuventude.
Objetivos: O proxecto cumpre as seguintes obxectivos:
- Dar servizo aos agricultores da comarca que desexen envasar os seus cultivos e contar cun rexistro para poder comercializalos ou consumilos. Para este servizo estipularíase unha taxa.
- Ofrecer formación de calidade aos agricultores e os técnicos da comarca nos procesos de transformación agraria.
- Incentivar a instalación de obradoiros de transformación e o aproveitamento dos excedentes de horta ou forestais.
- Comercializar unha liña propia de fabricación destes produtos.
Resumen: A Limia e unha das comarcas agrarias máis importantes de Galicia, pero aínda, hoxe en pleno século XXI, a industria transformadora é case que inexistente. Todos sabemos que o futuro da agricultura na Europa pasa pola calidade e a diversificación dos produtos finais.
O Centro de Innovación e Transformación Agraria da Limia tentará estar a vangarda no que se refire aos procesos de transformación dos produtos agrarios na procura de incrementar o valor engadido dos mesmos.
O centro deberá ter en primeiro lugar unha función DIDACTICA entre a poboación da comarca. Temos ante nós o reto de contribuír a fomentar a cultura do aproveitamento dos recursos agrarios e forestais.

ACCIÓNS 2006:
- Construción dun edificio con dous obradoiros artesanais, un para a elaboración de conservas vexetais (marmeladas, aromatización de vinagres e aceites, envasado de hortalizas e cogomelos, etc) e outro dedicado á fabricación de cosmética natural (xabóns, cremas, sales de baño, etc).
- Elaboración dun programa formativo que será estable a partir do 2007. A formación que impartirá o centro atenderá a tódolos sectores posibles isto é (agricultores, técnicos, afeccionados a agricultura, estudantes universitarios. etc) Neste ano a equipa deberá redactar un proxecto que inclúa: Obxectivos, calendario dos cursos, contidos, publico o que vai dirixido e fontes de financiamento.
- Impartición dun primeiro curso experimental para xoves de entre 16 e 23 anos do 11 de setembro ao 27 de outubro (Teórico e Práctico).
- Celebración dun seminario Internacional coa participación de transformadores agrarios de Francia e Portugal.
- Participación na feira de Outono de Allariz en Novembro do 2006.
- Divulgar entre a poboación da comarca o centro e elaborar unha proposta de taxas e calendario.

ACCIÓNS 2007
- Implementación do programa estable de formación elaborado no 2006.
- Deseño dunha liña de produtos estable do propio centro.
- Inicio do envasado de vexetais para usuarios externos (poboación en xeral).
Financiación:
Resultados: ACCIÓNS REALIZADAS ATA O MOMENTO

1º CURSO TRANSFORMACIÓN AGRARIA
A agricultura, na comarca da Limia, constituíu a base da economía en canto a produción, pero houbo dende sempre unha escasa presenza en canto a procesos de transformación agrícola.
Co fin de dar unha visión distinta da agricultura en canto a calidade, diversificación e transformación de produtos agrarios, naceu o Centro de Innovación e Transformación Agraria da Limia, que iniciou a súa actividade co curso de transformación de produtos agrarios.
En canto á temática que se tocou e transmitiu no curso englobouse en tres bloques ou módulos: un de introdución á situación da agricultura en Galicia, e na Limia en particular, así como nocións de horticultura; outro sobre a cosmética artesanal e o último de envasado de conservas agroalimentarias.

1º SEMINARIO INTERNACIONAL
O obxectivo deste seminario e dar a coñecer e debater experiencias que se desenvolven con éxito en Portugal, Francia e Galicia sobre a transformación e a comercialización de produtos agrarios.
O seminario celebrarase no Concello de vilar de Santos, xa que aquí terá o seu emprazamento o edificio que albergará o Centro de Innovación e transformación agraria da Limia.

SEMINARIO INTERNACIONAL SOBRE TRANSFORMACION E COMERCIALIZACION AGRARIA
Organiza: Centro de innovación e Trasformación Agraria da Limia. Vilar de Santos
Obxectivo: Conocer distintas experiencias innovadoras na transformación e comercialización agraria.
Dirixido a: Agricultores, gandeiros, técnicos agrarios e de desenvolvemento rural.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org