Categoría: | Desenvolvemento Territorial |
Ámbito: | Comarcal |
Localización: | Galicia |
Entidade promotora: | Concello de Vilar de Santos |
Data inicial: | 01/01/2006 |
Data final: | - |
Sector: | A poboación rural, pero especialmente ás mulleres e á xuventude. |
Obxectivos: | O proxecto cumpre as seguintes obxectivos: - Dar servizo aos agricultores da comarca que desexen envasar os seus cultivos e contar cun rexistro para poder comercializalos ou consumilos. Para este servizo estipularÃase unha taxa. - Ofrecer formación de calidade aos agricultores e os técnicos da comarca nos procesos de transformación agraria. - Incentivar a instalación de obradoiros de transformación e o aproveitamento dos excedentes de horta ou forestais. - Comercializar unha liña propia de fabricación destes produtos. |
Resumo: | A Limia e unha das comarcas agrarias máis importantes de Galicia, pero aÃnda, hoxe en pleno século XXI, a industria transformadora é case que inexistente. Todos sabemos que o futuro da agricultura na Europa pasa pola calidade e a diversificación dos produtos finais. O Centro de Innovación e Transformación Agraria da Limia tentará estar a vangarda no que se refire aos procesos de transformación dos produtos agrarios na procura de incrementar o valor engadido dos mesmos. O centro deberá ter en primeiro lugar unha función DIDACTICA entre a poboación da comarca. Temos ante nós o reto de contribuÃr a fomentar a cultura do aproveitamento dos recursos agrarios e forestais. ACCIÓNS 2006: - Construción dun edificio con dous obradoiros artesanais, un para a elaboración de conservas vexetais (marmeladas, aromatización de vinagres e aceites, envasado de hortalizas e cogomelos, etc) e outro dedicado á fabricación de cosmética natural (xabóns, cremas, sales de baño, etc). - Elaboración dun programa formativo que será estable a partir do 2007. A formación que impartirá o centro atenderá a tódolos sectores posibles isto é (agricultores, técnicos, afeccionados a agricultura, estudantes universitarios. etc) Neste ano a equipa deberá redactar un proxecto que inclúa: Obxectivos, calendario dos cursos, contidos, publico o que vai dirixido e fontes de financiamento. - Impartición dun primeiro curso experimental para xoves de entre 16 e 23 anos do 11 de setembro ao 27 de outubro (Teórico e Práctico). - Celebración dun seminario Internacional coa participación de transformadores agrarios de Francia e Portugal. - Participación na feira de Outono de Allariz en Novembro do 2006. - Divulgar entre a poboación da comarca o centro e elaborar unha proposta de taxas e calendario. ACCIÓNS 2007 - Implementación do programa estable de formación elaborado no 2006. - Deseño dunha liña de produtos estable do propio centro. - Inicio do envasado de vexetais para usuarios externos (poboación en xeral). |
Financiamento: | |
Resultados: | ACCIÓNS REALIZADAS ATA O MOMENTO 1º CURSO TRANSFORMACIÓN AGRARIA A agricultura, na comarca da Limia, constituÃu a base da economÃa en canto a produción, pero houbo dende sempre unha escasa presenza en canto a procesos de transformación agrÃcola. Co fin de dar unha visión distinta da agricultura en canto a calidade, diversificación e transformación de produtos agrarios, naceu o Centro de Innovación e Transformación Agraria da Limia, que iniciou a súa actividade co curso de transformación de produtos agrarios. En canto á temática que se tocou e transmitiu no curso englobouse en tres bloques ou módulos: un de introdución á situación da agricultura en Galicia, e na Limia en particular, asà como nocións de horticultura; outro sobre a cosmética artesanal e o último de envasado de conservas agroalimentarias. 1º SEMINARIO INTERNACIONAL O obxectivo deste seminario e dar a coñecer e debater experiencias que se desenvolven con éxito en Portugal, Francia e Galicia sobre a transformación e a comercialización de produtos agrarios. O seminario celebrarase no Concello de vilar de Santos, xa que aquà terá o seu emprazamento o edificio que albergará o Centro de Innovación e transformación agraria da Limia. SEMINARIO INTERNACIONAL SOBRE TRANSFORMACION E COMERCIALIZACION AGRARIA Organiza: Centro de innovación e Trasformación Agraria da Limia. Vilar de Santos Obxectivo: Conocer distintas experiencias innovadoras na transformación e comercialización agraria. Dirixido a: Agricultores, gandeiros, técnicos agrarios e de desenvolvemento rural. |