Categoría: | Medio ambiente e Desenvolvemento Sostible |
Ámbito: | Comarcal |
Localización: | Baleares |
Entidade promotora: | Instituto Balear de la Natura (IBANAT) |
Data inicial: | - |
Data final: | - |
Sector: | Poboación en xeral. |
Obxectivos: | O obxectivo é o de favorecer a restauración da cuberta vexetal e extraer información para tratar outras zonas forestais que, eventualmente, poidan sufrir incendios. O proxecto xorde tras un incendio forestal e tras observar o acontecido con outros dous (maiores) acaecidos 50 e 20 anos atrás. Nestes, a rexeneración da vexetación de forma espontánea conduciu a un incremento de plantas pirófitas, como o piñeiro e as jaras en detrimento doutras plantas autóctonas. Ademais obsérvase que se xera moita maleza, o que dificulta o paso de animais e persoas e favorece o desenvolvemento de novos incendios. Por iso formulouse realizar unha actuación que evitase este detrimento vexetativo. |
Resumo: | As accións realizáronse sobre unha superficie de 25,6 ha e en primeiro lugar fÃxose unha retirada de madeira queimada a man, logo realizáronse cabalóns no terreo protexidos por parte das ramas e restos vexetais queimados para evitar a erosión. O traballo levouse a cabo en varias fases dependendo do terreo. As zonas máis abruptas acondicionáronse a man e o resto, segundo as posibilidades con distintos tipos de maquinaria. A idea dos traballos da primeira fase era, ademais de acondicionar o terreo e retirar a madeira queimada, limpar o exceso de rebrotes daquelas especies pirófitas que impedÃan o crecemento das que o teñen máis difÃcil. Nunha segunda fase comezouse a repoboación, e fÃxose con distintas especies: Piñeiros (tanto pinus helepensis como pinus pinea) que provén dun viveiro de Ibiza xa que os piñeiros da illa constitúen un endemismo particular e non poden traerse doutras zonas. Ademais (xa procedentes dos viveiros do IBANAT en Mallorca) plantáronse alfarrobeiras, cebuches, sabinas, carrasco, plantas arbustivas como o mirto ou arraián, o lentisco, a lavanda, o romeiro e o olivillo. O máis importante do proxecto, dende o punto de vista da preservación do medio natural, foi actuar con rapidez para evitar a erosión e deter o rápido crecemento das plantas e brotadoras que favorecen novos incendios forestais. |
Financiamento: | 51.681,52 euros. O 75% foi financiado con cargo a fondos LEADER. |
Resultados: | O máis difÃcil foi conseguir os piñeiros da illa de Ibiza, pero finalmente solucionouse. De feito dende o proxecto incrementouse a recollida de semente que se conserva para posibles necesidades futuras. |