Categoría: | Emprego e servizo á empresa |
Ámbito: | Local |
Localización: | AndalucÃa |
Entidad promotora: | Instituto Municipal de desarrollo Económico y Empleo |
Fecha inicial: | 19/11/2004 |
Fecha final: | 31/12/2007 |
Sector: | |
Objetivos: | Ofrecer un servizo de asesoramento para a implantación de Novas TecnoloxÃas na empresa e a súa xestión |
Resumen: | O Centro de Innovación Tecnolóxico de Córdoba é unha ferramenta creada polo Instituto Municipal de Desenvolvemento Económico e Emprego de Córdoba (IMDEEC), coa colaboración da Confederación de Empresarios de Córdoba (CECO) e coa Facultade e Escola de Ciencias Económicas e Empresariais de Córdoba (INSA-ETEA), o principal obxectivo da cal é ofrecer un servizo de asesoramento para a implantación de Novas TecnoloxÃas na empresa e a súa xestión. O piar fundamental deste Centro é a Plataforma Virtual de asesoramento on-line creada para este fin e que contén ademais os seguintes conceptos: - Club Empresarial. - Comercio Electrónico. ¿Que é a Plataforma Virtual? A Plataforma Virtual é o medio a través do cal o Centro de Innovación Tecnolóxica realizará os seus labores onde todas as persoas usuarias terán á súa disposición unha serie de servizos e ferramentas que lle permitirán alcanzar os obxectivos propostos no Plan Integral de Modernización e Apoio ás Pemes: Club Empresarial As empresas beneficiarias do "Plan Integral de Modernización e Apoio ás Pemes" (eixe 2 do proxecto ADAPTAte-C), constituirán o Club Empresarial, mediante o cal recibirán asesoramento on-line naquelas materias que necesiten perfeccionarse co fin de conseguir unha maior competitividade empresarial. Comercio electrónico Cada persoa beneficiaria integrante do proxecto, terá á súa disposición unha tenda virtual onde poderán realizar labores de comercio electrónico dos seus produtos ou servizos. Con isto, a Plataforma Virtual achega unha ferramenta útil e eficaz para facer que as empresas rompan as fronteiras locais para mostrar os seus produtos ou servizos a un maior número de persoas usuarias. |
Financiación: | O presuposto total do proxecto ascende a 427.870,49 Euros, dos que un 75% (320.902,87 euros) constitúen a contribución do Fondo Social Europeo, sendo o 25% restante (106.967,62 euros) achegado polos membros da AD en función do presuposto de execución asignado a cada un deles. |
Resultados: | Creación dunha serie de servicios e de ferramentas personalizadas para todas aquelas empresas beneficiarias do proceso de selección levado a cabo nunha fase previa do proxecto: -Asesoramento profesional personalizado. -Foros para compartir experiencias -Formación -Comercio Electrónico |