Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Centro de Innovación Tecnolóxica de Córdoba

Categoría: Emprego e servizo á empresa
Ámbito: Local
Localización: Andalucía
Entidade promotora: Instituto Municipal de desarrollo Económico y Empleo
Data inicial: 19/11/2004
Data final: 31/12/2007
Sector:
Obxectivos: Ofrecer un servizo de asesoramento para a implantación de Novas Tecnoloxías na empresa e a súa xestión
Resumo: O Centro de Innovación Tecnolóxico de Córdoba é unha ferramenta creada polo Instituto Municipal de Desenvolvemento Económico e Emprego de Córdoba (IMDEEC), coa colaboración da Confederación de Empresarios de Córdoba (CECO) e coa Facultade e Escola de Ciencias Económicas e Empresariais de Córdoba (INSA-ETEA), o principal obxectivo da cal é ofrecer un servizo de asesoramento para a implantación de Novas Tecnoloxías na empresa e a súa xestión.
O piar fundamental deste Centro é a Plataforma Virtual de asesoramento on-line creada para este fin e que contén ademais os seguintes conceptos:
- Club Empresarial.
- Comercio Electrónico.
¿Que é a Plataforma Virtual?
A Plataforma Virtual é o medio a través do cal o Centro de Innovación Tecnolóxica realizará os seus labores onde todas as persoas usuarias terán á súa disposición unha serie de servizos e ferramentas que lle permitirán alcanzar os obxectivos propostos no Plan Integral de Modernización e Apoio ás Pemes:
Club Empresarial
As empresas beneficiarias do "Plan Integral de Modernización e Apoio ás Pemes" (eixe 2 do proxecto ADAPTAte-C), constituirán o Club Empresarial, mediante o cal recibirán asesoramento on-line naquelas materias que necesiten perfeccionarse co fin de conseguir unha maior competitividade empresarial.
Comercio electrónico
Cada persoa beneficiaria integrante do proxecto, terá á súa disposición unha tenda virtual onde poderán realizar labores de comercio electrónico dos seus produtos ou servizos.
Con isto, a Plataforma Virtual achega unha ferramenta útil e eficaz para facer que as empresas rompan as fronteiras locais para mostrar os seus produtos ou servizos a un maior número de persoas usuarias.
Financiamento: O presuposto total do proxecto ascende a 427.870,49 Euros, dos que un 75% (320.902,87 euros) constitúen a contribución do Fondo Social Europeo, sendo o 25% restante (106.967,62 euros) achegado polos membros da AD en función do presuposto de execución asignado a cada un deles.
Resultados: Creación dunha serie de servicios e de ferramentas personalizadas para todas aquelas empresas beneficiarias do proceso de selección levado a cabo nunha fase previa do proxecto:
-Asesoramento profesional personalizado.
-Foros para compartir experiencias
-Formación
-Comercio Electrónico
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org