Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

1ª Plan local de loita contra o cambio climático 2008-2013

Categoría: Medio ambiente e Desenvolvemento Sostible
Ámbito: Local
Localización: País Vasco
Entidade promotora: Ayuntamiento de San Sebastián
Data inicial: 01/01/2008
Data final: 31/12/2013
Sector: Poboación en xeral
Obxectivos: O obxectivo a longo prazo é o de facer de San Sebastián unha cidade con emisión neutra de carbono, tendo como obxectivos intermedios:
-Reducir as emisións de gases efecto invernadoiro.
-Aumentar a sensibilización e concienciación da cidadanía a favordun cambio de actitude cara ás prácticas máis sostibles.
-Disminuír os impactos provocados polo cambio climático sobre a saúde humana, mellorando a calidade de vida.
Resumo: A elaboración deste plan de loita contra o cambio climático xorde como compromiso de cumprimento do protocolo de Kyoto e está asentado sobre a base da Axenda Local 21, cuxo plan de acción foi aprobado polo pleno en agosto do 2004.
A pretensión deste plan é a de traballar en tres frentes nunha política integrada de MITIGACIÓN, COMPENSACIÓN E ADAPTACIÓN, mediante o desenvolvemento dunha estratexia a longo prazo basada no aprendizaxe social, nas achegas da innovación tecnolóxica para a reducción de gases de efecto invernadoiro e na minimización dos efectos provocados polo cambio climático sobre o benestar local. Esta estratexia está complementada con actuacións a curto prazo, máis concretas e desenvoltas no marco do Plan de Acción Local.
As liñas estratéxicas establecidas son catro:
-Planificación integrada para a mobilidade sostible.
-Cara a un novo modelo enerxético: estratexia integrada de aforro, eficiencia enerxética e utilización de enerxías renovables.
-Fomentar o consumo responsable na cidade como base para a prevención de residuos e potenciar a súa reutilización e a reciclaxe, asegurando a súa adecuada xestión.
-Protexer o medio natural e realizar unha xestión eficiente da auga e dos sumidoiros de carbono no termo municipal.
Financiamento:
Resultados:
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org