Categoría: | Emprego e servizo á empresa |
Ámbito: | Provincial |
Localización: | Galicia |
Entidad promotora: | Deputación da Coruña |
Fecha inicial: | 01/05/2006 |
Fecha final: | 01/05/2007 |
Sector: | Colectivos demandantes de emprego, tendo preferencia os seguintes: - Mozos /as menores de 25 anos con escaso nivel de estudios - Inmigrantes - Emigrantes retornados - Maiores de 45 anos - Desempregados /as de longa duración - Persoas con discapacidade - Mulleres |
Objetivos: | - Mellorar a calidade de vida dos habitantes da provincia da Coruña - Ofrecer ás persoas en situación de desemprego, oportunidades de acceso ao mercado laboral. - Mellorar a oferta de servizos de atención a persoas, especialmente en municipios máis rurais da provincia, a través dunha maior cualificación dos/ as traballadores / as - Integrar social e laboral a colectivos con problemáticas particulares e en risco de exclusión social - Aproveitar as caracterÃsticas concretas do territorial e as oportunidades de desenvolvemento local, a través da participación activa das entidades locais. |
Resumen: | Trátase dun proxecto que tivo como finalidade contribuir á xeración de emprego, en colaboración con 90 concelllos da provincia da Coruña de menos de 50. 000 habitantes adheridos o mesmo. As suas principais liñas de actuación foron: A. Observatorio socioeconómico. Identificación de necesidades formativas, recompilación de información en servizos de proximidade, elaboración dun banco de ideas empresariais, seguimento da realidade empresarial e laboral, elaboración dunha guÃa temática en servizos de proximidade e seguimento e avaliación do proxecto. B. Selección de beneficiarios/as. Captación e selección dos desempregados/as que van integrarse nas accións do proxecto, asignación dun/ha titor/a e deseño dun itinerario personalizado de inserción. C. Itinerario integral de formación. Servizo de orientación, información e asesoramento socioprofesional para a reafirmación das capacidades persoais do colectivo de beneficiarios/as (obradoiros de motivación e habilidades sociais), accións complementarias segundo demanda, formación e práctica profesional, orientación para a busca de emprego por conta allea (obradoiros de orientación laboral). D. Asesoramento a desempregados/as. O servizo de asesoramento laboral capacitará, prestará apoio, e realizará seguimento continuado a emprendedores/as con iniciativas emanadas dos proxecto piloto ou en creación de servizos de proximidade. Realizaranse obradoiros, cursos e titorÃas individualizadas, atendendo ás necesidades de cada demandante de emprego de xeito individualizado. |
Financiación: | Cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Deputación da Coruña |
Resultados: |