Categoría: | Pesca e Agricultura |
Ámbito: | Autonómico |
Localización: | Galicia |
Entidade promotora: | CETMAR |
Data inicial: | 01/11/2006 |
Data final: | 31/12/2008 |
Sector: | Persoas traballadores e empresarias do sector da pesca extractiva de baixura e marisqueo |
Obxectivos: | Impulsar a creación dun modelo de reestruturación socioeconómica e laboral no sector pesqueiro de baixura. |
Resumo: | SEREA é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, en virtude do artigo 6 "Enfoques innovadores na xestión do cambio". Trátase dunha "medida innovadora" no ámbito da "Xestión da reestructuración" enfocada ao sector pesqueiro de baixura e o marisqueo. FASES Preparación: Inclúense aquà accións de sensibilización, diagnose, información e vivencia de experiencias. Observatorio estratéxico para a xestión do cambio no sector pesqueiro tradicional: perspectivas transnacionais. Estudo de viabilidade cara a práctica da pesca sostible e actuacións complementarias: condicións lexislativas, medioambientais, xeográficas, económicas, e repercusión nas principais partes interesadas neste tipo de medidas. Intercambios transnacionais para a vivencia de experiencias de éxito en relación ao sector pesqueiro. Seminarios de sensibilización e orientación ao cambio:A cultura do cambio. Responsabilidade social corporativa. Pesca sostible: reservas mariñas protexidas, comercialización. Pescaturismo e turismo mariñeiro. Intervencións: Actuacións concretas destinadas á posta en marcha dos mecanismos máis adecuados para facer fronte ao proceso de reestruturación e manter unha orientación permanente cara o cambio Estratexia de actuación no sector: perspectivas nun horizonte de tres anos Mapa de indicadores de anticipación do cambio. Previsión de evolución do sector para os vindeiros tres anos. Proposta de medidas concretas para o progresivo desenvolvemento do sector. Comité asesor para a xestión do cambio no sector pesqueiro. Comisión de desenvolvemento sostible. Comisión de Recursos Humanos. Comisión de pescaturismo/ittiturismo. Servizos de asesoramento: Recualificación profesional Recolocación de profesionais dentro do propio sector Plan de formación complementaria: Orientación cara a diversificación da actividade. Alfabetización dixital. Grupos de formación actitudinal: técnicas de negociación, toma de decisións, resolución de conflictos, traballo en equipo, etc. Rede de xestión do coñecemento. Actividades de sensibilización: mellora da imaxe do sector Avaliación: Rede transnacional de revisión interpares de boas prácticas aplicadas ao sector pesqueiro. O principal obxectivo desta rede é levar a cabo o estudo último das boas prácticas detectadas por cada membro do proxecto. |
Financiamento: | Fondo Social Europeo |
Resultados: |