Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Traballando pola comunidade
Novas
Novas Webs para os Proxectos de EO-OE
- 26/02/2010 -
A UPD entrega as webs ás EO-OE como ferramenta de difusión para os proxectos
A Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo entrega as webs aos proxectos de Obradoiros de Emprego e Escolas Obradoiro, dentro do seu cometido de proporcionar ferramentas útiles a estes proxectos de formación e emprego.
Estas webs pretenden ser unha ferramenta tanto de traballo, como de difusión do proxecto polo que, por unha banda se divulga toda a información relativa ao mesmo entre a que distinguiremos: unha referencia a entidade promotora, un historial de proxectos, as especialidades formativas que o conforman especificando o número de persoas que as compoñen, a situación física das instalacións, un apartado de novas e a obra ou servizo a executar acompañado todo dunha galería de imaxes. Por outro lado a web proporciona ferramentas útiles para a propia xestión do proxecto como son: un apartado de documentación útil, un webmail no que se proporcionarán contas de correo para uso do persoal directivo, acceso a información metereolóxica do concello onde se desenvolve o proxecto e un acceso a un área privada na que se atopará un panel de control para a xestión da web, ao marxe doutra documentación de interese para a xestión do proxecto.
A finalidade destas webs e a de proporcionar un medio de difusión e relación aos proxectos para que tanto os beneficiarios como o persoal directivo se poidan comunicar a través do uso das novas tecnoloxías e así mesmo ser unha ferramenta útil para os xestores dos mesmos nos que atopar información e documentación útil e outros medios necesarios para xestionar o proxecto.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail:
info@maiv.org | Web:
www.maiv.org