Seminario transfronteirizo da segunda convocatoria Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).
Os próximos días 23 e 24 de marzo de 2010 terá lugar en Évora, un SEMINARIO TRANSFRONTEIRIZO para a presentación da SEGUNDA CONVOCATORIA de proxectos do Programa Operativo de Cooperación España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).
O obxectivo deste evento é informar aos beneficiarios potenciais das bases e condicións da nova convocatoria, os procedementos de instrución das candidaturas, as condicións de admisibilidade e os criterios de selección, así como os documentos necesarios para a presentación de candidaturas e os contactos a nivel nacional, rexional e local que poderán ser de utilidade na fase de preparación dos proxectos.
O programa desenvólvese en dúas medias xornadas, tarde do 23 de marzo e mañá do 24 de marzo. Ademais das sesións xerais, no primeiro día está prevista unha "Bolsa de Proxectos" para todos os participantes que desexen presentar e consultar "ideas de proxectos", así como intercambiar contactos.
No segundo día haberá a posibilidade de organizar uns grupos de traballo por áreas de cooperación, ao obxecto de facilitar os contactos entre socios para a formulación de proxectos, con posibilidade de consultas aos coordinadores rexionais/nacionais e STC.
Toda a información necesaria para participar neste Seminario (programa, inscricións, información práctica, ...), se atopa dispoñible en
www.seminariopoctep.eu
¡Invitamos a todos os interesados na presentación de proxectos na segunda convocatoria, a participar neste novo Seminario transfronteirizo, que esperamos sexa de interese!