O Programa de promoción do emprego autónomo para o ano 2010 ten como obxectivo apoiar a aquelas persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo, incentivando ademais a primeira contratación indefinida. Os diferentes tipos de axudas que recolle a Orde so:
Subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a
Subvención financeira de reducción de xuros
Subvención para a asistencia técnica
Subvención para formación
Axuda excepcional para o financiamento dos primeiros gastos da actividade
Subvención pola primeira contratación indefinida
O Prazo para a presentación das axudas é de dous meses desde a alta na seguridade social como traballador/a autónomo/a e sempre antes do 30 de xuño de 2010.