Bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economÃa social e de promoción do cooperativismo
- 26/07/2010 -
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria das axudas e subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social, apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación e modernización deste tipo de empresas, mediante unha mellora da súa competitividade, así como a promoción do cooperativismo a través dos seguintes programas:
Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
Programa II: mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais.
Programa III: impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.
Programa IV: fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.
Programa V: actividades de promoción do cooperativismo.
O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas rematará no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación (24 de xuño de 2010) desta orde no Diario Oficial de Galicia, e respectaranse, de ser o caso, os prazos específicos previstos para cada tipo de axuda no anexo I das bases.