Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Novas
Galego Español
Novas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Convocatoria para a avaliación en competencias clave
- 09/11/2010 -
O pasado 8 de novembro publicouse no DOG unha nova convocatoria para o ano 2010 das probas de avaliación en competencias clave para acceder aos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional, dentro das accións de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma Galega.
A finalidade é asegurar que o alumnado posúa as competencias clave suficientes para cursar con aproveitamento a formación dos certificados de profesionalidade que se programen en calquera acción formativa para o emprego, como os programas mixtos de formación e emprego (escolas obradoiro, casas de oficio e obradoiros de emprego).

As competencias clave que se convocan comprenden nove áreas de coñecemento:

 

Lingua galega

Tecnoloxía

Lingua castelá

Dixital

Lingua estranxeira (inglés)

Sociais (Xeografía)

Matemáticas

Sociais (Historia)

Ciencia

 

  

Poderán presentarse aquelas persoas maiores de 16 anos que queiran cursar un certificado de profesionalidade de nivel 2 ou 3 e non estean en posesión da titulación ou certificación oficial requirida.

 

TITULACIÓN OFICIAL REQUIRIDA PARA O ACCESO AO NIVEL 2

TITULACIÓN OFICIAL REQUIRIDA PARA O ACCESO AO NIVEL 3

-                o título de Graduado en ESO

-                o título de Bacharelato

-                ter un certificado de nivel 1 da mesma familia e área profesional, ou

-                ter un certificado de nivel 2 da mesma familia e área profesional, ou

-                un certificado de nivel 2.

-                un certificado de nivel 3.















As persoas aspirantes deberán xuntar á súa solicitude de inscrición: a fotocopia do documento nacional de identidade, ou número de identificación de estranxeiro ou do pasaporte, e, no seu caso, o certificado acreditativo de discapacidade en vigor, xa que se contempla a adaptación das probas cun grao polo menos do 33%.

As probas terán lugar no recinto feiral de Silleda (Pontevedra), no seguinte calendario:

PRAZOS

DATAS

Presentación solicitudes no rexistro da Consellería de Traballo e Benestar

30 de novembro de 2010

Realización Probas Nivel 2

14 e 15 de xaneiro de 2011

Realización Probas Nivel 3

21 e 22 de xaneiro de 2011

Resultados definitivos das probas

12 de febreiro de 2011














    
Podes consultar a convocatoria na web da Consellería de Traballo: http://traballo.xunta.es


<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org