Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Proxectos-UPD
Imprimir Enviar a un amigo/a

UPD

As Unidades de Promoción e Desenvolvemento son equipos profesionais que interveñen en ámbitos territoriais de carácter supramunicipal e que teñen por finalidade actuar sobre as potencialidades de desenvolvemento, fomentando a mellora da empregabilidade, a través do deseño de proxectos e posta en marcha de accións sobre emprego e desenvolvemento local.

Desde o ano 1995 a Mancomunidade de Vigo promoveu diversos proxectos co financiamento da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo:

Módulo de Promoción e Desenvolvemento 1995-1997
Data execución: 01/02/1995 – 31/07/1997
Data execución: 29/12/1998 – 28/06/2001
Data execución: 13/12/2001 – 12/06/2004
Data execución: 02/11/2004 – 01/11/2006
Data execución: 13/12/2006 – 12/12/2008
Data execución: 22/12/2008 – 21/12/2010
 
As actuacións acometidas polas distintas Unidades de Promoción e Desenvolvemento (UPD) postas en marcha pola Mancomunidade de Vigo tiveron incidencia en diversos ámbitos de actuación:
  • Accións que se realizaron a nivel da área intermunicipal de Vigo, apoiando á Mancomunidade e aos concellos que a integran no deseño de estratexias de desenvolvemento local.
  • Accións que se realizaron a nivel da provincia de Pontevedra, prestando apoio aos programas públicos de emprego e formación, concretamente, aos proxectos de escolas obradoiro e obradoiros de emprego.
  • Accións vinculadas co deseño e edición de ferramentas, metodoloxías e materiais formativos e informativos especialmente sobre os programas de formación e emprego e o desenvolvemento local que teñen unha proxección e utilidade en todo o ámbito da Comunidade Autónoma.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org