Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Proxectos-PET-MAIV
Imprimir Enviar a un amigo/a

PET-MAIV

O desenvolvemento do turismo na área mancomunada de Vigo e o aproveitamento das sinerxias que xera o atractivo turístico dos concellos que a conforman, é un obxectivo fundamental para a consolidación do territorio como motor económico de Galicia.
O Plan Estratéxico de Turismo da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo (PET-MAIV) é un estudo orientado a optimizar a xestión turística no territorio da Mancomunidade de Vigo con criterios de sostibilidade e promovendo a diferenciación e especialización turística da área.
O organismo que xestiona o proceso é a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo (MAIV) a través dunha liña de axudas da Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria Turismo e Comercio destinada a impulsar procesos de planificación estratéxica, xestión e promoción de destinos turísticos nas administracións locais ao amparo da Resolución do 20 de maio de 2008.
O proxecto, ademais está cofinanciado polas entidades de iniciativa privada Caixanova, Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Asociación de Agencias de Viaje de Pontevedra (AVIPO) e Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra (FEPROHOS). Colaboran, así mesmo, a Autoridad Portuaria de Vigo, Consorcio da Zona Franca de Vigo, Club Financiero de Vigo, Parque Nacional Maritimo-Terrestre Illas Atlánticas de Galicia e Asociación de Hosteleros de Pontevedra (Asehospo)

A través deste documento:
  • Realizouse un diagnóstico exhaustivo sobre o turismo na área intermunicipal de Vigo que incluíron técnicas, ferramentas e instrumentos, tanto cualitativos cómo cuantitativos, para a prospección do territorio e do sector turístico.
  • Formuláronse os obxectivos do Plan Estratéxico de Turismo e definiuse a estratexia turística a seguir de cara a desenvolver un Plan de Dinamización Turística.
  • Propuxéronse as liñas, accións e medidas que se deben levar a cabo para consolidar o turismo na área, sendo tres os eixes básicos nos que se basean as liñas estratéxicas do presente Plan: a mellora de produtos, a xestión do destino turístico e a mercadotecnia.
 
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org