Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Novas
Imprimir Enviar a un amigo/a

Novas

A Maiv porá en marcha unha oficina de promoción e fomento do cooperativismo.
- 25/06/2012 -
En breve comezará a funcionar a Oficina de Fomento do Cooperativismo da Maiv, financiada pola Xunta de Galicia, que estará dotada dunha persoa encargada do fomento e asesoramento neste tipo de iniciativas emprendedoras.

Trala presentación do proxecto de creación dunha Oficina de Fomento do Cooperativismo no pasado mes de febreiro a convocatoria publicada pola Consellería de Traballo e Benestar, no presente mes de xuño recibiuse a resolución que aproba a posta en marcha do citado servizo. Esta oficina adicada a promocionar a creación de cooperativas dentro do territorio da Maiv, estará dotada dos medios necesarios, tanto técnicos como humanos para poder atender a aquelas persoas interesadas no cooperativismo como forma idónea para a posta en marcha do seu proxecto empresarial. Asimesmo desde esta oficina poranse en marcha diversas actividades de fomento do cooperativismo, como a organización de xornadas e eventos nos concellos da Mancomunidade, para dar a coñecer tanto a existencia desta como para fomentar a creación deste tipo de empresas.

Prevese que para o vindeiro mes de xullo xa se teña aberto o servizo e de contado se inicien os contactos cos concellos da Maiv para a difusión do servizo e a posta en marcha das actividades de fomento e promoción do cooperativismo.



<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org