Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-SAE
Imprimir Enviar a un amigo/a

SAE

O Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE) centra as súas actuacións en catro liñas:
 
A. Accións de sensibilización e información
  • Elaboración de materiais e manuais sobre creación de empresas.
  • Realización de charlas de sensibilización ao autoemprego, participación en xornadas, congresos, etc.
  • Organización de seminarios de difusión de ideas, talleres de creatividade, etc.
 
B. Accións de asesoramento a persoas emprendedoras
  • Elaboración de manuais e outros instrumentos de apoio á persoa asesora (bases de datos, plan empresa...)
  • Normalización de procesos, establecemento de criterios comúns e apoios municipais ás empresas.
  • Asesoramento técnico empresarial, legal, fiscal, laboral,... a persoas emprendedoras e actualización de datos.
 
C. Accións de apoio a iniciativas empresariais
  • Asesoramento para a contratación de persoas traballadoras e información de axudas á contratación.
  • Asesoramento específico e apoio en aspectos da xestión a empresas constituídas no SAE 
 
D. Accións formativas e complementarias
  • Deseño e programación de actividades formativas para persoas emprendedoras e para novos/as empresarios/as.
  • Formación para a rede de AEDLs integrados no SAE.
  • Deseño e redacción de propostas e proxectos en materia de apoio a persoas emprendedoras.
 

 

Puntos de información do SAE:
Concello de Baiona
Concello de Fornelos de Montes
Concello de Gondomar
Concello de Mos
Concello de Nigrán
Concello de Pazos de Borbén 
Concello de O Porriño 
Concello de Redondela 
Concello de Salceda de Caselas
Concello de Salvaterra de Miño 
Concello de Soutomaior 
Entidade Local Menor de Bembrive 
Mancomunidade do Área Intermunicipal de Vigo 
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org