Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-Formación
Imprimir Enviar a un amigo/a

Formación

A Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo en colaboración co concello de Vigo elabora, anualmente, un plan de formación dirixido aos empregados públicos dos diferentes concellos adheridos ao plan agrupado de formación continua financiado polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) no marco do IV Acordo de Formación Continua nas Administracións públicas.

No ano 2012, os concellos e entidades locais adheridos ao plan agrupado presentado pola Mancomunidade de Vigo e que, polo tanto, son destinatarios das actividades de formación que se realizan, son:
  • MANCOMUNIDADE DA AREA INTERMUNICIPAL DE VIGO
  • ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE
  • CONCELLO DE VIGO
  • CONCELLO DE GONDOMAR
A Mancomunidade de Vigo realiza, cada ano, unha convocatoria xeral a través dos axentes de emprego e desenvolvemento local para que difundan a información sobre a inscrición aos cursos e as propostas de formación.

Aberto novo prazo para inscribirse no curso de A Reforma do Emprego Público.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org