O venres, día 30 de agosto foron publicadas no Taboleiro de Anuncios da sede da Maiv e na sección de Ofertas de Emprego da páxina web as Bases para a Contratación dun/dunha Técnico/a para a Oficina de Fomento do Cooperativismo.
As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo, poderán presentar as correspondentes solicitudes acompañadas da documentación requirida no rexistro da Maiv en horario de 9 a 14 horas, tendo en conta que o prazo de presentación de solicitudes para o proceso selectivo rematará o martes 03 de setembro de 2013.