Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Novas
Imprimir Enviar a un amigo/a

Novas

Novo Taller de Divulgación do Cooperativismo
- 15/11/2012 -
27 de Novembro de 2012 no Centro de Desenvolvemento Llocal do Concello de Salceda de Caselas


A
Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo financiada pola Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar no marco da rede Eusumo que conta co financiamento do Fondo Social Europeo organiza en colaboración cos concellos de Salceda de Caselas, Porriño, Mos e Salvaterra de Miño, un Taller de divulgación do cooperativismo.

 

 

Trátase dunha actividade formativa GRATUITA e presencial no Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Salceda de Caselas (Entienza Torrón s/n) dirixida a persoas desempregadas, novos emprendedores, promotores de iniciativas de economía social e persoal das administracións públicas locais relacionados coas políticas de promoción económica e desenvolvemento local.

 

 

As cooperativas constitúen unha ferramenta e unha oportunidade para a xeración de emprego e riqueza. Está demostrado a súa capacidade de resistencia nun entorno económico adverso como o actual.

 

 

Nun taller de 3 horas de duración, que se vai desenvolver o día 27 de Novembro de 2012, en horario de 10:30 a 13:30hs. darémosvos a coñecer a fórmula cooperativa como alternativa válida e viable para o emprego.

 

 

Se queres participar debes cubrir a Ficha de inscrición e mandala por correo a ofi.cooperativismo@maiv.org ou por fax ao número 986471444.




<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org