Nesta ocasión temos organizado a celebración dunha xornada que baixo o título “Cooperativismo unha resposta a crise, unha alternativa de emprego” pretende dar a coñecer a cooperativa como unha alternativa válida e viable para o emprego.
Trátase dunha xornada formativa gratuíta e presencial que vai dirixida ao público en xeral pero resultará de especial interese para persoas desempregadas, novos emprendedores, promotores de iniciativas de economía social e persoal das administracións públicas locais relacionados coas políticas de promoción económica e desenvolvemento local
A Xornada que se celebrará o dia 25 de Abril no Multiusos de Mos, As Pozas de Eimonde, Petelos, en horario de 10:30 a 14:00. conta con relatorios de persoas con traxectoria no cooperativismo galego como Ramón Carmelo da Federación de cooperativas de Sinerxia ou Manuel Garrido socio fundador das cooperativas Arbore e Coop 57.
Haberá tamén unha mesa de experiencias cooperativas o que permitirá coñecer de 1ª man como desenvolver un proxecto baixo esta fórmula (
ver programa)
Ademais pódese visitar exposición “Descubre as Cooperativas” un percorrido dinámico e interactivo polas potencialidades e solucións que ofrece o cooperativismo como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego nun contexto de crise económica como o que estamos vivindo.
Esta exposición, organizada a través da Dirección Xeral de traballo e Economía Social, permanecerá no Multiusos do Concello de Mos dende o día 22 de Abril ata o 26 de Abril de 10:00 a 14:00 da mañá e de 17:00 a 20:00 da tarde.
Se queres participar debes cubrir o
formulario de inscrición que che adxuntamos e mandalo por correo a seguinte dirección: ofi.cooperativismo@maiv.org.