Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Novas
Imprimir Enviar a un amigo/a

Novas

NOVA ACTIVIDADE DA OFICINA DE FOMENTO COOPERATIVO
- 14/10/2013 -
Taller:"O modelo cooperativo como empresa, outra forma de emprender". Redondela 22/10/13
A Oficina de fomento cooperativo da Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo co apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar e a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social e co financiamento do Fondo Social Europeo continúa a súa actividade de difusión do cooperativismo no marco da Rede Eusumo.


Nesta ocasión temos organizado a celebración dun taller que baixo o título “O Modelo Cooperativo como empresa, outra forma de emprender” pretende dar a coñecer a cooperativa como unha alternativa válida e viable para o autoemprego.

Trátase dunha xornada formativa gratuíta e presencial  que vai dirixida ao público en xeral pero resultará de especial interese para persoas desempregadas, novos emprendedores, promotores de iniciativas de economía social

A Xornada que se celebrará o dia 22 de Outubro no Edificio Multiusos da Xunqueira, en horario de 10:30 a 14:00, será impartida por Pilar Alves que forma parte do equipo docente da Federación de cooperativas de Sinerxia .

Contaremos tamén co relatorio dunha das socias fundadoras de Nornas, S. Coop, o que permitirá coñecer de 1ª man como desenvolver un proxecto baixo esta fórmula


Se queres participar podes enviarnos un correo á seguinte dirección: ofi.cooperativismo@maiv.org ou chamar ao teléfono 986 42 33 66


<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org