A Oficina de fomento cooperativo da Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo co apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar e a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social e co financiamento do Fondo Social Europeo continúa a súa actividade de difusión do cooperativismo no marco da Rede Eusumo
Nesta ocasión temos organizado a celebración dun taller que baixo o título “Dinamización de prescriptores en divulgación e asesoramento cooperativo” pretende actualizar a formación práctica nas áreas da divulgación, xestión e planeamento da fórmula cooperativa, que faciliten os procesos de prescrición, divulgación e asesoramento cooperativo.
Trátase dunha actividade gratuíta e presencial que vai dirixida ao persoal das administracións públicas locais e doutros organismos, relacionados coas políticas de promoción económica e desenvolvemento local.
O Taller que se celebrará o dia 24 de Outubro no Centro Local de Emprego de Vigo (rúa Oporto nº 2, 2ª Planta) en horario de 10:00 a 13:30. será impartido por Juan Gómez Cabo socio-consultor de Xedega, S.Coop Galega
Remitimos programa e ficha de inscrición.
Se queres participar debes cubrir a ficha de inscrición que che adxuntamos e mandala por correo á seguinte dirección: ofi.cooperativismo@maiv.org ou chamar oo teléfono 986 42 33 66
Colabora o Concello de Vigo