Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Novas
Imprimir Enviar a un amigo/a

Novas

ALTAS NO RETA
- 07/04/2014 -
O Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE) inicia unha serie de actividades dirixidas aos técnicos dos concellos da Maiv

A Mancomunidade de Vigo, dentro das actividades do Servizo de Asesoramento a Emprendedores, ten previsto realizar nos próximos meses unha serie de actividades co propósito de mellorar a capacitación dos técnicos e técnicas dos concellos integrados na mesma e apoiar así a súa labor na atención aos proxectos emprendedores.

Dentro destas actividades, o próximo día 10 de abril realizarase na sede da Mancomunidade, un Seminario – reunión de traballo, coas seguintes características:

Temática: “Altas no RETA: Opcións segundo a forma xurídica, novidades, bonificacións e casos particulares. Outros réximes da Seguridade Social para socios traballadores”

Horario: de 9.30 a 12.30 (duración estimada: 3 horas).

Lugar: Mancomunidade de Vigo. Hispanidade, nº 17. VIGO

Dirixido a: Axentes de Emprego dos Concellos da Mancomunidade de Vigo. Opcionalmente poderán asistir outros/as traballadores/as do concello, se o concello o estima convinte.



<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org