O vindeiro mércores 9 de xullo as 12.30 horas na sede da Mancomunidade de Vigo (Vía Hispanidade 17, Vigo), celebrarase unha xuntanza de traballo entre técnicos da Maiv e dos departamentos de turismo dos concellos que a integran, na que se visionarán os resultados da nova aplicación de turismo da Maiv e se explicará a cada concello o funcionamento do panel de control para a xestión propia dos contidos.
Este traballo será previo a posta en funcionamento da nova web que en breve estará dispoñible gratuitamente para o publico en dispositivos Apple e Android.