Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Novas
Imprimir Enviar a un amigo/a

Novas

A MANCOMUNIDADE DE VIGO PROMOCIONA A SÚA OFERTA TURÍSTICA CUNHA NOVA APLICACIÓN PARA MÓBILES
- 22/07/2014 -
A app móbil difunde os principais atractivos turísticos, a axenda diaria de eventos e informa dos lugares onde comer e durmir nos oito municipios da Mancomunidade. A ferramenta, que funciona on-line, xa está dispoñible de balde para Android e na App Store para dispositivos Apple

Vigo, 22 de xullo de 2014.– A Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo acaba de lanzar unha nova aplicación gratuíta para móbiles co obxectivo de promocionar o turismo nos oito municipios, proporcionando información sobre a axenda diaria de actividades e eventos, os atractivos turísticos principais dos concellos e datos útiles sobre onde comer e durmir.

Xa disponible para Android e para Apple, a app pode ser atopada introducindo no campo de búsqueda o propio nome da Mancomunidade de Vigo, “turismo mancomunidade de Vigo” ou calquera dos nomes dos oito concellos que a conforman. De funcionamento on-line, esta nova ferramenta pretende poñer en coñecemento do visitante tanto os lugares de relevancia turística como os eventos, festas e actividades diarias no Área.

O longo dos pasados meses, persoal da Mancomunidade e dos departamentos de turismo dos oito concellos que a compoñen traballaron conxuntamente para definir todos os contidos que se inclúen na aplicación.

Cada concello pode xestionar os recursos turísticos que concirnen ao seu municipio nunha aplicación que pretende mellorar o servizo actual aos visitantes e aos propios habitantes dos territorios limítrofes.


Categorías

Dentro do aplicativo encontrámonos cun apartado "descobre" que permite visionar contidos agrupados nas categorías Actividades e deportes, Espazos naturais, Espazos urbanos, Museos, Patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e etnográfico, Praias marítimas e fluviais, Pontes, Rutas e sendeiros e finalmente Vistas panorámicas, ofrecendo información e un enlace que indica como chegar ao lugar elixido.

Outro apartado da app é a "axenda", onde se informa en tempo real das festas, eventos e actividades que se desenvolven diariamente nos concellos e como chegar ata alí. Complétase cos apartados sobre onde comer e onde durmir, nos que aparecen os diferentes establecementos hostaleiros situados na Mancomunidade de Vigo.

 

 



<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org