Novas accións de promoción e difusión do cooperativismo nos concellos da Mancomunidade de Vigo
A Oficina de fomento cooperativo da Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo co apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social e co financiamento do Fondo Social Europeo volta a realizar actividades de difusión do cooperativismo no marco da Rede Eusumo.
Neste novo periodo de accións a Mancomunidade de Vigo ten prevista a realización de catro accións de difusión no seu territorio que baixo o título:
“¿E porque non montamos unha cooperativa? Aprender outra forma de emprender” pretende dar a coñecer a cooperativa como unha alternativa válida e viable para o autoemprego.
Trátase de catro xornadas formativas gratuítas e presenciais que van dirixidas ao público en xeral pero resultará de especial interese para persoas desempregadas, novos emprendedores, promotores de iniciativas de economía social
A Xornadas celebraranse nos seguintes lugares e días nas vindeiras datas:
- Día 23 de Outubro no Centro Neural de Gondomar de 10:30 a 13:30 horas
- Día 27 de Outubro no CDL O Torrón de Salceda de Caselas de 10 a 13 horas
- Día 30 de Outubro no Salón de Actos do CDL de Mos de 10:30 a 13:30 horas
- Día 3 de Novembro no Edificio Multiusos da Xunqueira de Redondela, en horario de 10:30 a 13:30
En todas estas xornadas contaremos tamén co relatorio dunha persoa experta en cooperativismo que nos fará unha introdución da formula empresarial e así mesmo cunha persoa integrante dunha cooperativa que nos permitirá coñecer de 1ª man como desenvolver un proxecto baixo a devandita fórmula
Se queres participar podes enviarnos un correo á seguinte dirección:
ofi.cooperativismo@maiv.org ou chamar ao teléfono
986 42 33 66. Tamén vos podedes informar nos vosos respectivos departamentos de emprego dos concellos da Maiv.