Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Novas
Imprimir Enviar a un amigo/a

Novas

Obradoiro Maiv Garantía Juvenil 2015
- 21/09/2015 -
A partir do 30 de setembro a Maiv porá en marcha un proxecto de obradoiro de emprego destinado a mozos e mozas menores de 30 anos

A Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo beneficiaria dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar a través do Fondo Social Europeo e o Programa Operativo de Emprego Xuvenil do período 2014-2020, porá en marcha a partires do vindeiro 30 de setembro un proxecto de Obradoiro de Emprego denominado “Maiv Garantía Xuvenil 2015”, destinado a mozos e mozas desempregados inscritos no sistema nacional de garantía xuvenil menores de 30 anos.

Neste proxecto, formarase a 22 persoas mozas en alternancia coa realización dun servizo nas especialidades de Administración e Xestión Documental e Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxías Web.

A especialidade de Administración e Xestión Documental abarcará os certificados de profesionalidade “Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos” e  “Operacións auxiliares de servizo administrativos e xerais” e o servizo estará relacionado con labores administrativas e xestión documental a través da dixitalización de documentos. Na segunda especialidade, Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxías Web executarase a renovación de espazos e sitios web da Mancomunidade de Vigo.

O proxecto desenvolverase nas instalacións da Maiv, situadas en Avda Hispanidade 17, baixo e prolongarase durante 6 meses ata finais de marzo de 2016.



<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org