A Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo beneficiaria dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar a través do Fondo Social Europeo e o Programa Operativo de Emprego Xuvenil do período 2014-2020, porá en marcha a partires do vindeiro 30 de setembro un proxecto de Obradoiro de Emprego denominado “Maiv Garantía Xuvenil 2015”, destinado a mozos e mozas desempregados inscritos no sistema nacional de garantía xuvenil menores de 30 anos.
Neste proxecto, formarase a 22 persoas mozas en alternancia coa realización dun servizo nas especialidades de Administración e Xestión Documental e Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxías Web.
A especialidade de Administración e Xestión Documental abarcará os certificados de profesionalidade “Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos” e “Operacións auxiliares de servizo administrativos e xerais” e o servizo estará relacionado con labores administrativas e xestión documental a través da dixitalización de documentos. Na segunda especialidade, Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxías Web executarase a renovación de espazos e sitios web da Mancomunidade de Vigo.
O proxecto desenvolverase nas instalacións da Maiv, situadas en Avda Hispanidade 17, baixo e prolongarase durante 6 meses ata finais de marzo de 2016.