Este novo proxecto, que conta con financiamento da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, dará comezo no vindeiro mes de agosto. A contratación do persoal realizase a través de oferta pública tramitada na Oficina de Emprego e os postos ofertados son:
§ 1 DIRECTOR
Requisitos:
· Titulación universitaria.
· Experiencia profesional mínima de 24 meses relacionada co posto nos últimos 10 anos. (Experiencia en dirección e xestión de empresa, equipos humanos e proxecto, excluíndo direccións técnicas e facultativas, e/ou experiencia como técnico de emprego e desenvolvemento local).
· Acreditar competencia docente.
Códigos ocupación Oficina Emprego: 13261021
§ 1 EXPERTO DOCENTE EN DESEÑO GRÁFICO
Requisitos:
· Titulación universitaria relacionada coa especialidade.
· Experiencia profesional mínima de 2 anos en traballos relacionados coa especialidade formativa (deseñador gráfico, grafista, maquetista, arte finalista).
· Acreditar competencia docente.
Códigos ocupación Oficina Emprego: 24841012
§ 1 EXPERTO DOCENTE EN DINAMIZACIÓN DE PROXECTOS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
Requisitos:
· Titulación universitaria relacionada coa especialidade.
· Experiencia profesional mínima de 2 anos en traballos relacionados coa especialidade formativa (animador/a ou dinamizador comunitario, animador/a sociocultural, axente de desenvolvemento social, axente de desenvolvemento local, xestor/a de asociacións, técnico comunitario,…)
· Acreditar competencia docente.
Códigos ocupación Oficina Emprego: 37131014 / 37131023 / 37151010 / 37151038
§ 1 ADMINISTRATIVO (procedemento de contratación previsto para o mes de setembro).
§ 16 ALUMNOS-TRABALLADORES
Requisitos:
- Ter dezaoito ou máis anos.
- Estar inscritos como demandantes de emprego nalgunha das oficinas de emprego do ámbito territorial da
Mancomunidade de Vigo.
- Estar inscritos no ficheiro do Sistema nacional de Garantía Xuvenil.
- Ter a formación requirida para os certificados de profesionalidade nivel 3 (Bacharelato ou formación equivalente).
Códigos Oficina Emprego: Segundo a Circular 6/2021 da Dirección Xeral de Formación e Colocación de data 15/06/2021, a sondaxe terá en conta aquelas persoas que teñan solicitado algúns dos seguintes servizos:
320: Escola taller / 330: Casa de Oficio / 340: Taller emprego / 370: Formación dual
No seguinte enlace pódense consultar as bases reguladoras do proceso selectivo: http://www.maiv.org/?sec=19