Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Novas
Imprimir Enviar a un amigo/a

Novas

OBRADOIRO DE EMPREGO MAIV DUAL 2022
- 15/03/2023 -
SELECCIÓN DE UN DOCENTE DE INGLES PARA EL PROYECTO DE TALLER DE EMPLEO
A Mancomunidade de Vigo abre un proceso selectivo para a contratación dun EXPERTO/A DOCENTE para impartir o módulo de INGLÉS PROFESIONAL PARA AS ACTIVIDADES COMERCIAIS no Obradoirodeemprego "MAIV Dual 2022'.

🎓 Requisitos:
1️. Licenciado/a en Filoloxía inglesa, licenciado/a en Tradución e Interpretación da lingua inglesa ou título de grao equivalente, ou ben calquera outra Titulación Superior coa seguinte formación complementaria:
o  Ter superado un ciclo dos estudos conducentes á obtención da Licenciatura en Filoloxía, Tradución e Interpretación en lingua inglesa ou titulación equivalente.
o  Certificado ou diploma de acreditación oficial da competencia lingüística da lingua inglesa (certificado de Nivel Avanzado da Escola Oficial de Idiomas ou equivalentes ou superiores).
2️. Experiencia profesional mínima de 12 meses relacionada co posto.
3️. Competencia docente (certificado de profesionalidade de formador ocupacional, estudos de Pedagoxía, Psicopedagoxía ou de Mestre, titulo de Especialización didáctica expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia ou equivalente ou acreditar unha experiencia docente contrastada de polo menos 600 horas nos últimos dez anos en formación profesional para o emprego ou do sistema educativo).

A selección realizarase a través de oferta na oficina de emprego, que estará publicada no Portal de Emprego de Galicia. As persoas interesadas deberán estar inscritas como demandantes de emprego ou en mellora de emprego e presentar a súa candidatura á oferta de emprego, co número de oferta 12/2023/2630.

📝 Contratacion temporal e a xornada parcial (sobre 10 h. semanais).
⌛ Duración: 90 horas de formación (2 meses e medio, aproximadamente).
🕐 Horario: horario de mañá, a convir.

📅 O prazo para a presentación de solicitudes remata o 17/03/2023, ás 9.30 horas.

As bases reguladoras desta convocatoria pódense consultar aquí 👇

Bases selección





<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org