Especialidades: |
- Imaxe e son / 8 alumnos - Produción audiovidual / 8 alumnos - Deseño gráfico / 8 alumnos |
Provincia: | Asturias |
Concello: | Avilés |
Entidade promotora: | Concello de Avilés |
Data inicial: | 15/07/2005 |
Data final: | 16/01/2007 |
Contido de obra ou servizo: | Desenvolvemento do servizo propio de cada unha das especialidades en concertos, exposicións, feiras, reportaxes patrimoniais e turÃsticos, vÃdeos, salóns de ocio do concello de Avilés. Asà mesmo, unha vez iniciado o proxecto establecéronse contactos coa Escola de Arte Dramático, ONGs e asociacións sen animo de lucro cara realizarlles gravacións dos seus eventos, actividades de promoción, cds no que se recollen as súas actividades, etc. |
Dificultades: | A falta de coñecementos previos de base tecnolóxica do alumnado traballador dificulta o proceso de aprendizaxe. Ademais, ao alumnado traballador cústalle asumir o rol de persoa traballadora, tendendo a pensar que continúan sendo só alumnos/as, como se cursasen unha formación regrada. Dadas as caracterÃsticas do servizo deste proxecto, algunha actividades teñen que desenvolverse fóra do horario habitual do proxectecto. Xurdiron problemas con algunhas persoas para que sexan conscientes de que o seu horario laboral ten que ser flexible. O desplazamento necesario para a realizacións das diversas actividades precisan da autorización do Principado de Asturias o que incrementa, respecto a proxectos de especialidades vinculadas a construción, o labor administrativo do equipo. |
Observacións: | No contrato se explicita a flexibilidade horaria e se lles informa antes de que o asinen. As horas realizadas fóra do horario habitual non se computan como horas extras pagadas senón que se compensan por mañás libres. Dende a posta en marcha do proxecto a directora debe realizar un constante traballo de campo e de promoción da escola obradoiro cara a captar actividades. Actualmente, o proxecto é coñecido na zona e xorden peticións de colaboración espontáneas. |