Deseño
Dende 1998 a UPD da Área Intermunicipal de Vigo ven a desenvolver a súa actividade no asesoramento e deseño dos proxectos de EO/OE ás entidades promotoras que o solicitan.
Trátase de potenciar un maior coñecemento dos obxectivos do programa de Escolas Obradoiro (EO) e Obradoiros de Emprego (OE), e unha maior adaptación dos proxectos ás potencialidades e características do territorio no que se desenvolven e ás posibilidades de inserción laboral dos colectivos formados.
Isto require afondar na sensibilización das entidades promotoras, a colaboración cos proxectos e técnicos/as de emprego dos concellos, a planificación de accións, a xeración de iniciativas novidosas e o apoio ás entidades no deseño e elaboración dos proxectos. Así como, iniciar accións que sensibilicen o empresariado de cara á contratación das persoas formadas neste tipo de proxectos.
As accións incluídas son:
-Promoción dos programas.
-Asesoramento no deseño e redacción dos proxectos.
-Apoio ós proxectos en funcionamento.
-Deseño de produtos de sensibilización e formación.
-Rede polo emprego.
-Actividades de difusión dos programas.