Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Escola obradoiro "La Nutria"

Especialidades: - Garda cinexético e forestal / 16 alumnos
Provincia: Cáceres
Concello: Cañamero
Entidade promotora: Concello de Cañamero
Data inicial: 15/12/2004
Data final: 14/12/2006
Contido de obra ou servizo: Vixiancia e xestión de cotos cinexéticos e reforestación de fincas cara a optimización do seu rendimento.
Dificultades: Xurdiron numerosos inconvintes ao comezo do porxecto derivados de que os convenios que se debían establecer coa Consejería non estaban asinados ao comezo do proxecto, só existía un compromiso verbal o que impedía entrar nos espacios previstos para a realización do servizo.
Por outro lado, as actuacións previstas na memoria aprobada non estaban ben concretadas e, en moitas ocasións, eran difíciles de levar á practica por tratarse de tarefas de vixianza que dependían de factores externos, como por exemplo, a unidade de servizo "Observar a un buho real". Derivado dista situacion, o persoal técnico vai planificando actuacións a medida que se avanza no plan formativo.
Ademais, as activididades no coto están supeditadas á presenza do garda que vixile o seu traballo, o que limita o desenvolvemento das mesmas.
Observacións: A directora comentou que esta especialidade debería ter unha duración máxima dun ano, polo que non é adecuada a modalidade do Programa de escolas obradoiro, preferible unha casa de oficios ou un obradoiro de emprego.
Dende o proxecto estase analizando a posibilidade de que o alumnado traballador remate o proxecto contantdo co título de garda de coto privado, o que incrementaría as opcións de inserción..
Horario flexible: debido ás necesidades que marcan as unidades de servizo, traballan fins de semana, de madrugada, tardes. Estas horas fóra do horario formal cambianse por días durante a semán. A sección de escolas é totalmente receptiva a todos estes cambios.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org