Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Casa de oficios "Automoción II"

Especialidades: - Mecánica de vehículos lixeiros / 8 alumnos
- Chapa e pintura de vehículos / 8 alumnos
Provincia: Madrid
Concello: Alcobendas
Entidade promotora: Patronato Sociocultural - Ayuntamiento de Alcobendas
Data inicial: 01/12/2005
Data final: 30/11/2006
Contido de obra ou servizo: O mantemento e reparación de vehículos de diferentes servizos e organismos dependentes do concello de Alcobendas.
Dificultades: A baixa motivación dos mozos e mozas por capacitarse nestas ocupacións.
A selección de expertos/as para impartir estas especialidades foi outra das fraquezas a superar.
Observacións: Con anterioridade desenvolveuse unha escola obradoiro (2 anos), mais no segundo proxecto decidiuse optar por unha casa de oficios. A xustificación foi que transcorrido un ano da primeira experiencia o empresariado xa estaba disposto a contratar ao alumnado traballador, o que afectou á continuidade do proxecto debido á baixa significativa de persoas participantes. De cara a un novo proxecto, estase a valorar a idoneidade de optar por un obradoiro de emprego, dada a debilidade antes sinalada e ao interese e motivación amosada polas persoas maiores de 25 anos nos cursos de FIP.
Analizando os perfís solicitados polo empresariado que demandan especialistas ou ben en chapa ou ben en pintura, na especialidade de “Chapa e pintura de vehículos†decidiuse dividir ao alumnado traballador en dous grupos de tal forma que cada un se especialice nunha das ocupacións aínda que reciban coñecemento mínimos da outra. De cara a próximos proxectos, planificaranse dúas especialidades diferenciadas.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org