Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Escola obradoiro "Del Castaño"

Especialidades: - Conservador e divulgador dO castaño / 7 alumnos
- Carpintaría / 10 alumnos
- Canteiría / 8 alumnos
Provincia: Santa Cruz De Tenerife
Concello: La Victoria de Acentejo
Entidade promotora: Concello de La Victoria de Acentejo
Data inicial: 28/06/2005
Data final: 27/06/2007
Contido de obra ou servizo: Construción dunha cabaña e palleiros segundo o estilo tradicional canario, recuperación do contorno de castiñeiros e
creación dun servizo de guía de sendeiros.
Dificultades: Unha das grandes dificultades do proxecto viña derivada das características físicas dos espazos de actuación ( moi escarpados ) e que deu lugar a problemas para o desprazamento do alumnado traballador. Outra problemática foi a climatoloxía, que condicionaba o traballo a desenvolver alterando o planing previsto.
Poderíase sinalar como debilidade a ampla formación que recibe o alumnado traballador da especialidade de "conservador e divulgador do castiñeiro" que abarcaba dende traballos de poda, compost, recolección, cociña para elaborar licores, compota, ata atención ao público, etc. A diversidade de coñecemento fai que non se cualifiquen nunha ocupación específica.
Outra dificultade foi a organización do traballo entre as especialidades de cantería e carpintaría, mentres debían traballar xuntos nos palleiros: os carpinteiros tiveron que alternar a construción de mobiliario noutros espazos, mentres a especialidade de cantaría adiantaba o traballo a pé de obra para a posta en obra de unidades de carpintaría.
Finalmente, a pouca motivación e interese do alumnado cara a súa posterior inserción laboral.
Observacións: A actuación de servizo na Aula Rexional do Castiñeiro requeriu que nalgunha ocasión se modificara o horario de traballo da especialidade de "conservador e divulgador do castaño".
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org