Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Obradoiro de emprego "Taller protegido en Amorebieta"

Especialidades: - Servizo de lavandería / 10 alumnos
- Bordado / 10 alumnos
Provincia: Vizcaya
Concello: Amorebieta - Etxano
Entidade promotora: Concello de Amorebieta
Data inicial: 01/12/2004
Data final: 30/11/2005
Contido de obra ou servizo: Capacitar a persoas desempregradas en situación de exclusión social nas ocupacións de lavandería e bordado.
Dificultades: Este proxecto estaba previsto que fose promovido por una asociación que quería por en marcha unha empresa de inserción no sector textil, pero xurdiron dificultades económicas que obrigaron ao concello a asumir a posta en marcha do proxecto.
A idea inicial da asociación -a empresa de inserción- non se vai levar a cabo por falta de previsión e de deseño da actuación. Segundo o director que comezou a facer unha análise do mercado laboral da zona, o bordado non ten demasiada demanda no territorio.
Observacións: O proxecto desenvolveuse entre novembro de 2004 e novembro de 2005. O equipo da UPD-MAIV contactou co seu director na primeira fase da súa execución.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org