Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Obradoiro de emprego "Carnicero"

Especialidades: - Elaboración de produtos agroalimentarios / 10 alumnos
Provincia: Navarra
Concello: Pamplona
Entidade promotora: Federación de comercios de Navarra
Data inicial: 27/12/2005
Data final: 26/06/2006
Contido de obra ou servizo: Manipulación de produtos cárnicos.
Dificultades: O primeiro dos obstáculos xurdidos foi a localización de profesorado cualificado. Optaron por contratar a un carniceiro profesional, con moitos anos de experiencial e cualidades persoais aptas para a docencia, que acababa de optar por outro negocio profesional.
A segunda das dificultades foi financiar a materia prima empregada polo alumnado traballador, dado que a asociación mercaba unha parte de materia prima, pero non era suficiente para realizar as prácticas do alumnado traballador. Conseguiron que unha parte dos produtos cárnicos fora cedida por outras entidades para facer as prácticas de despece e corte.
Outra das dificultades xurdidas foi o destino da obra: as instalacións cedidas polo gremio de carniceiros contaban coa autorización sanitaria de sala de despece, pero non de carnizaría-charcutaría, que é a que fai falta para poder vender os produtos a calquera persoa o establecemento (bares-hostalaría-particulares). O destino final tivo que ser a doazón ás irmás pobres e algunha venda á hostalaría.
Observacións:
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org